A pasada fin de semana o equipo masculino do Auriense F.G. desprazábase ate Santiago de Compostela para xogar a Copa Shield Galega de Fútbol Gaélico. Este torneo tiña en liza a tódolos equipos que perderan os seus respectivos enfrontamentos nos Cuartos de Final da Copa Galega de Fútbol Gaélico.

O certo é que a nosa escuadra masculina non estaba en principio dentro dos equipos da Copa Shield ao perder o seu partido de Fase Previa, tan só 4 equipos desputaron esta fase preliminar. Pero a incomparecencia do equipo coruñés de Ártabros posibilitou que a Asociación Galega de Fútbol Gaélico permitira a competición do noso equipo.

O día de competición comezaba para os nosos rapaces ás 15:00 da man do partido inaugural entre o anfitrión, Estrela Vermelha F.G. e a equipa das Burgas. Prometía ser un partido desputado nesta tempada xa ía ser o 4º enfrontamento, os nosos rapaces tíñanlle moitas ganas e así o reflexaron. Dándoo todo no campo, amosando que todo o traballo que levan nos adestramentos serve para algo. Tanto foi así que o resultado final foi de 14-17 en favor do noso equipo. Deron comezo ó campionato con moi bo sabor de boca!

O primeiro partido da Copa Shield propiamente dito foi o que afrontou os nosos aguerridos xogadores contra o equipo do Deza, Herdeiros de Dhais. Prometía ser un choque vibrante!

Nos primeiros trances do encontro o conxunto pontevedrés comezou a amosar o seu xogo de combinación e directo que tanto o caracteriza máis os nosos xogadores non viñeran a pasear. Repuxéronse e comezaron a poñerlles as cousas complicadas ao adversario. Así mais na segunda parte non foron quen de superar ó xogo dos lalinenses e a diferenza ampliouse pero sen frear os seus intentos en acurtar a distancia. Cun marcador final de Auriense F.G.  2-3 (11) vs 5-15 (30) Herdeiros de Dhais F.G.

Unhas imaxes do xogo contra o equipo da Deza.

_MG_8296.JPG

_MG_8315

Tralo primeiro partido cun resultado algo amargo, o noso combinado tiña que afrontarse ao Cambados Gaélico, que perdera o seu partido contra o Keltoi GAC, para desputarse o 3º e 4º posto.

Así, con pouco tempo para descansar, os rapaces comezaron o partido contra o equipo do Salnés. Despois duns minutos con pouca actividade sen puntos nen goles, o Auriense marcou seguidos varios goles que fixeron que o espírito do equipo viñérase arriba. Ao remate da 1ª parte o noso equipo xa adiantaba no marcador. Logo ó longo da 2ª parte os nosos xogadores seguiron aumentando a diferenza pero desta volta con puntos por paos. O Cambados tampouco quería irse do partido e anotou nos últimos minutos un gol tentando recortar o máis posible a diferenza co equipo ourensán. Ao final do tempo o Auriense vence 3-4 (13) vs 1-5 (8). Un bo final para unha tarde de puro fútbol gaélico!!!

Unhas imaxes do encontro co Cambados F.G.

_MG_8388_MG_8380

_MG_8347

A imaxe do equipo masculino que se trasladou ate Compostela xogar a Copa Shield.

31960117_915893185258106_3940175354940882944_n

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s