A pasada fin de semana as escuadras feminina e masculina da nosa equipa desprazáronse ata A Coruña, para desputar a final do Torneo Ibérico Sénior e o Torneo Ibérico Shield respectivamente.

Os primeiros en saltar ao campo de xogo foron os nosos rapaces, que inauguraban a competición cun emocionante partido frente os seus sempre rivais, Keltoi GAC. Os nosos xogadores sabían dende o comezo que para facer un bo torneo debían de comezalo dende o primeiro lance de xogo. Así foi, despois duns minutos iniciais titubeantes amosaron o seu xogo e o adestramento de toda a tempada, sendo un partido moi bonito de ver os ourensáns quedáronse cos 2 primeiros puntos tan importantes, cun final 7-2.
O segundo rival ao que ía ter que enfrontarse o conxunto masculino asemellaba ser un óso duro de roer, Herdeiros de Dhais. Os nosos rapaces querían tomala revancha, dende 2015 só venceran ao equipo do Deza nunha ocasión.
O encontro resultou ser dende o comezo ao final, un choque moi igualado. Os rapaces do noso equipo comezaron adiantándose no marcador pero o equipo de Lalín non tardaría en collelos. Entón comezaría un tira e afrouxa de puntos por paos, para os xogadores do banco foi pura emoción e nervios. Saldouse o partido cun empate final a 8.
Agora era o turno ás rapazas que ían enfrontarse no seu partido inaugural ás Fillas de Breogán. Non prometía ser un partido sinxelo, as locais xa xogaran un encontro e estaban metidas no ambiente de xogo.
Os primeiros minutos de partidos foron para o combinado feminino momentos nerviosos, na escuadra estaban á estrea varias xogadoras. O equipo coruñés comezou a situarse por diante no marcador pero sen mermar as ganas de xogar e de vencer que tiñan as nosas rapazas. Pese a todo o conxunto local alzouse ca victoria, cun 17-2.
Tralo seu partido inaugural sen moita sorte, onde caeron vencidas as nosas xogadoras, tocaba mirar de frento ás Barcelona Gaels, un gran equipo que prometía dar guerra. Nunca xogaran contra elas e sempre é divertido e interesante enfrontarse a un rival descoñecido.
Este encontro comezou doutro xeito, cun intercambio continuo de puntos entre ámbalas dúas escuadras. Estaba a ser un partido moi interesante de ver. Logo o equipo catalán tras unhas xogadas afortunadas logrou sacar vantaxe e impoñer o seu xogo, sen facer que as auriensás deixaran en ningún intre de loitar por recortar distancias. Cun resultado final favorables ás catalanas, 16-4.
Ao non pasar de rolda no Torneo Ibérico Sénior, a escuadra feminina pasou ó Torneo Ibérico Shield. Neste torneo os cruces deparáronlle un enfrontamento na semifinal ao seu eterno rival, as Irmandinhas da Estrada.
O partido contra as pontevedresas foi moi desputado dende o comezo do encontro, destacando pola seguridade defensiva que amosaba o conxunto ourensán. Ademais, coas novas incorporacións do equipo xa metidas na tónica da escuadra. Con varios goles e puntos determinantes as xogadoras do conxunto da cidade das Burgas, lograron firmar unha máis que merecida victoria.
Voltando do lado dos rapaces. Tralo empate do combinado masculino e o empate de Herdeiros de Dhais fronte ao Keltoi GAC, os nosos xogadores dependían deles para rematar primeiros do grupo B. Fronte a eles tiñan ao equipo galego-catalán Gaélicos do Gran Sol de Barcelona.
O partido comezou con contundencia e gran acerto de cara a porta por parte do Auriense F.G., marcando rapidamente a diferenza co conxunto da cidade condal. Rematando así a primeira parte cun 17-0 a favor dos nosos xogadores. Na segunda parte non se conseguiu seguir a boa chegada a porta do primeiro tempo, aínda así o resultado final foi un moi positivo 20-3 para o noso conxunto.

Tras acadar a primeira posición do grupo B, os nosos rapaces ían enfrontarse a un rival moi asiduo dos campionatos, o Cambados F.G..
Este encontro comezou cos primeiros minutos do partido algo parado debido á gran labor defensiva de ámbalas escuadras. Logo a dianteira do noso clube rompeu o marcador anotando unha serie de goles e tendo gran acerto entre paos. Na parte final do partido o combinado da costa tentou numerosas veces recortar distancias, non o conseguiron grazas a nosa defensa infranqueable.
Trala victoria fronte ao Cambados F.G. o equipo local xogaría a final contra Herdeiros de Dhais, con quenes xa se cruzaran na fase de grupos.
O partido amosaba ser do máis interesante, cun primeiro resultado de empate ao comezo do día agora na final todo podía ocorrer. Os primeiros lances do encontro resultaron moi interesantes, ningún equipo anotaba nin por porta nin entre os paos. Despois destes minutos de agobio, o ataque ourensán amosou efectividade abrindo o marcador cun magnífico gol, logo sucedéronse os paos por parte do Auriense sen deixar en ningún momento por parte do conxunto do Deza de irse do partido buscando ocasións que non atoparon. Finalmente a balanza inclinouse do noso lado ofrecéndonos a vitoria no Trofeo Ibérico Shield masculino. Unha gran forma de pechala tempada, deixándonos un gran sabor de boca. Noraboa rapaces, merecédelo!!!!!!
Ó Auriense F.G. feminino, tras firmar o seu paso á final ao gañar ás Irmandinhas, tocaballe pensar no óso duro de roer que eran as Madrid Harpettes.
Este partido emanou emoción do comezo ao final. As xogadoras de Ourense comezaron amosando a boa defensa e ataque que tiñan, namentres que as contrarias contestaban anotando puntos. O remate do primeiro tempo foi de 5-4 a favor das galegas. Logo no segundo un gol en propia porta tras un rebote inclinou a balanza cara as madrileñas, pero non deixaron de loitar polo título as nosas xogadoras ata que finalmente as Madrid Harpettes gañaron o partido pola mínima. Quedando nun gran 2º posto do Torneo Ibérico Shield, firmando así ámbolos conxuntos unha gran actuación!!!!
Á hora de recollelos trofeos por parte de ámbalas escuadras, pareceu que a emoción invadíunos. Aquí unhas imaxes das capitanas recollendo sendos trofeos.
Unha imaxe do equipo enteiro posando ca Torre de Hércules de fondo, pondo un doce punto e final a este fermoso día de fútbol gaélico.