As tropas masculinas do Auriense dirixíanse á cidade da Torre de Hércules para enfrontarse ao equipo coruñés Ártabros de Oleiros, para dar inicio á competición.

gaélico galego auriense
Auriense masculino Tempada 2018 2019

13 dos nosos valentes xogadores estaban dispostos a máis que todo para levarse baixo o brazo a victoria. Nos primeiros 15 minutos de xogo, o encontro foi claramente dominado polo conxunto visitante, sendo gran coñecedor do vento marítimo procurou anotar por porta, debido ás trabas que puña este último. Así neste primeiro cuarto anotáronse 3 goles. No restante da primeira metade seguiríase a tentar ter acerto de cara a portería pero o vento contrario dificultou calquer tipo de lanzamento por paos, tendo que conformarse cos goles entre os 3 paos. Mais o equipo local acostumado á problemática climática, xogou con ela e desplegou un gran número de tiros por paos que fixeron que estes recortaran circunstancias punto a punto. Cun marcador parcial de 05-00 (15) para o Auriense e 00-11 (11) para Ártabros de Oleiros.

Na segunda parte, o role que ía desputar o vento tornouse tendo o equipo da terra da chispa, este a favor. Así as tentativas de paos puideron fraguarse aínda que o maior acerto cara porta continuaba na nosa favor. Así rematouse un fermoso partido, con gran fútbol gaélico cun resultado final de 8-03 (27) para o Auriense F.G. e 2-15 (21) para o equipo local Ártabros de Oleiros.

gaélicogalego liga Galega
Ártabros e Auriense ó rematar o encontro da I Xornada da Liga Galega

E esta primeira fin de semana de outubro o equipo masculino enfrontarase a un histórico do fútbol gaélico galego o Mecos F.G. de O Grove o domingo 7 no campo da Universidade, non podedes faltar!!!!

 

Leave a comment