Regresaba a competición ó sintético da universidade con dous enfrontamentos que semellaba decisivo para o devir da tempada da equipa masculina e no caso da equipa feminina un rival directo nas aspiracións de seguir a medrar na táboa clasificatoria, desta volta a equipa visitante viña dende Vigo, Keltoi afrontaba ambos partidos cunha liña crecente na táboa clasificatoria.

O primeiro partido en dar comezo foi o dos rapaces, que comezaban o partido con intensidade e moi boas sensacións, dominando no marcador e con boas combinacións que lle outorgaron vantaxes de 5 puntos arriba. Mais os visitantes plantexaron un partido duro en defensa cun acerto excelente a paos, que fixo que a primeira metade rematase cun igualado 15-11. A segunda metade a equipa de Vigo deu un paso adiante e foi a polo partido, punto a punto lograron igualar a renda conseguida pola nosa equipa na primeira metade, até situarse un punto por diante no marcador nos derradeiros minutos de xogo, que foron frenéticos, cun tanto no derradeiro minuto que situou o marcador en empate. Resultade final de Auriense 3-11 (20)- Keltoi 1-17 (20).

photo5920429959191572463
Os rapaces do Auriense que se mediron ao Keltoi masculino

Acto seguido foi o turno da equipa feminina, que afrontaba este partido coa intención de manter as boas sensacións acadadas a pasada xornada ante Irmandinhas. O partido reflectiu máxima igualdade na primeira metade, coa iniciativa en gran parte deste acto por parte da nosa equipa, que con acerto por paos acadou unha vantaxe de 3 puntos no tempo de lecer, 13-10 era o resultado nese momento. A segunda metade comezou coa igualdade que rematou a primeira, mais a medida que avanzaba o partido o físico de ambas equipas comezou a pesar e os fallos repetíronse, neste intercambio de golpes saiu gañando a equipa visitante, que cun par de goles nos minutos finais sentenciou o partido a pesar dos múltiples intentos por reducir a vantaxe visitante, por parte das nosas rapazas. O marcador final foi de 17- 23.

photo5920429959191572467.jpg
O Auriense feminino formando a piques de comezar o partido

A vindeira fin de semana será de descanso para a equipa feminina, que rematou deste xeito a primeira volta da Liga Galega. Por outra banda os rapaces visitarán o Campo da Bouza da Illa de Arousa, para enfrontarse o sempre duro Dorna, un partido máis para seguir sumando e medrando en xogo.

photo5920429959191572468.jpg
As plantillas femininas, xuntas ao fin do encontro

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s