Esta nova xornada de fútbol gaélico traía para os nosos equipos sendos partidos tanto na Liga Galega de Fútgol Gaélico feminina coma na masculina.

O primeiro en xogar nesta xornada foi o equipo feminino que se desprazou ata Lalín para enfrontarse ás Herdeiras de Dhais.

WhatsApp Image 2019-02-09 at 22.04.36
Unha imaxe da plantilla do cadro feminino.

O partido daría comezo ás 20:00 no Anxo Cortizo, prometía ser un choque de estilos e un fermoso xogo. Así dende o primeiro instante do encontro os puntos foron sucedéndose entre ambas escuadras, cun maior acerto a paos que a portería.

Este encontro foi todo un recital de intercambios de fase de ataque e defensa tendo que ter ámbalas escuadras unha bo posicionamento defensivo e ofensivo, sendo así un partido moi igualado dende o comezo ata o final. A vitoria caeu finalmente do lado do Deza, tras dúas xogadas con finalización a paos, rematando o equipo de Dhais levándose a vitoria para o seu conxunto. Tras este encontro de puro gaélico o resultado final foi de Auriense Campus da Auga F.G. 4-12 (24) vs 4-14 (26) Herdeiras de Dhais F.G. Pese a derrota quedámonos cas boas sensacións e ter amosado poderlle competir a calquer equipo da liga feminina. Esta promete estar axustada ata o final do calendario ligueiro.

51966224_1947111128730581_1043503214126694400_n
Unha imaxe de ámbalas escuadras tralo partido.

Tralo partido feminino do sábado tocáballe o turno aos rapaces que desta volta tamén desprazaríanse á provincia de Pontevedra pero á costa, á cidade do Lérez.

Este prometía ser un choque decisivo ao ser este e o vindeiro contra Estrela Gaels F.G. os últimos para decidir se os nosos rapaces van estar nos 4 mellores loitando polo título da liga.

Así dende o comezo do encontro o noso equipo amosou o seu bo xogo presente dende o inicio de tempada dominando dende o comezo. A diferenza de noutros partidos o acerto comezou primeiramente de cara a paos logo cara a porta. O primeiro tempo rematou con superioridade no marcador por parte dos nosos rapaces.

Na segunda parte  a escuadra local tentaría restar diferenzas no marcador non logrando topándose cun muro entre os 3 paos, o gato do Saviñao. Tras un comezo desfavorable o Auriense volvería impoñer o seu ritmo de xogo levándose o partido, Auriense Campus da Auga F.G. 5-14 (29) vs 2-04 (10) Pontevedra F.G.

WhatsApp Image 2019-02-10 at 19.21.45 (1)
O conxunto masculino que fixo o desprazamento ata Pontevedra.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s