O domingo 14 de abril desputouse a derradeira xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico. Nesta ocasión, tocou desprazamento para o Auriense feminino. O destino, Gondomar, concretamente o campo de Chaín, para medirse contra as rapazas do Turonia Gondomar F.G.

O partido comezou pasadas as 20:30h e, desde o primeiro momento quedou claro que as dúas equipas ían a pelexar pola vitoria con todas as armas dispoñibles. O Auriense, unha vez máis xusto de efectivos por mor das lesións, platexou un partido no que o tiro a paos e as combinacións e cruces no campo rival foron claves para desmantelar a defensa das de Gondomar que, pola súa banda, demostraba en cada ataque o seu potencial de cara a porta. Nunha primeira parte que foi unha alternacia continua de golpes, o marcador detívose indicando vantaxe visitante por so 4 puntos. Turonia 01-05 (8), 01-09 (12) Auriense.

photo5881913117682807225 (1).jpg
As xogadoras do Auriense, intres antes de comezar o partido

Con todo por decidir na segunda metade, a equipa das Burgas saiu con todo, e novamente o acerto nos tiros a paos, sumado a gran defensa e aos bloqueos dos tiros das locais, permitiron sumar unha nova vitoria para as rapazas do Auriense, sendo o marcador final Turonia 01-11 (14), 03-14 (23) Auriense.

Con este resultado, a equipa feminina do Auriense queda situada nunha quinta praza que sabe a pouco, dado o moi bo nivel amosado durante todo o torneo. As lesións e incompatibilidades horarias fixeron dano a un bloque que, a pesar de contar con moitas caras novas, atópase perfectamente cohesionado e que so pode medrar.

photo5881913117682807221.jpg
Ao remate, coma sempre, o bo ambiente reinou entre as duas equipas

Nas próximas semanas, tanto rapazas como rapaces centraranse na preparación da Copa, que enfrontará aos rapaces contra os Irmandinhos da Estrada e as rapazas contra Keltoi, dous partidos que promenten intensidade e emoción e nos que o Auriense vai deixar a pel.

De cara a esta preparación, o bloque masculino participará o venres 19 no Torneo Internacional Beltane de Fútbol Gaélico organizado por Estrela Vermelha no que se medirán aos 3 equipos que acompañaron aos nosos no Bloque Senior da Liga e, a maiores, chegados de Europa veñen os bretóns do Liffré e os belgas do Leuven. Que mellor escenario para prepararse para a Copa!

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s