O sábado 4 de maio, no campo da Universidade e baixo un sol de xustiza, desputouse o partido correspondente a primeira fase da Copa Galega de fútbol gaélico. Chegadas desde Vigo, as rapazas do Keltoi viñan con ganas de levarse a vitoria e con ela, o billete para a gran final do día 17 en Xove. Enfronte, o Auriense feminino saltaba ao campo cargado de ganas e motivación para pelexar por levar o partido o seu terreo e facerse co triunfo.

photo5940680227481038726
O Auriese, listo para comezar co partido

O partido transcorreu cun ritmo frenético, de principio a fin. Un gol tempraneiro do Keltoi indicaba que non ía ser un partido fácil. Cada ataque á meta local recibía case inmediatamente unha resposta na meta viguesa. As visitantes, cun maior acerto de cara a porta con remates ca man, foron quen de marchar ao descanso cunha vantaxe de dous puntos. O Auriense, notando o cansancio, aproveitou o tempo de lecer para recuperarse física e mentalente para afrontar o que quedaba.

photo5940680227481038737
O Keltoi trata de atacar fronte a defensa auriensá

Trala reanudación, o intercambio de golpes continuou. Pasada a metade da segunda parte, un gol local puña ao Auriense un punto por riba no tanteo, para alegría da afición, escasa pero ruidosa! A partir dese momento as visitantes non foron capaces de darlle a volta o resultado, que rematou cun resultado de Auriense 2-12(18) – Keltoi 3-08(17).

WhatsApp Image 2019-05-05 at 11.21.26
Bo ambiente trala finalización do partido

Con esta vitoria, o equipo feminino logra o pase a fase final, que se celebrará en Xove, na Mariña lucense, o vindeiro 17 de maio, coincidindo ca celebración do día das Letras Galegas. Conseguimos así clasificar as dúas plantillas locais, xa que o bloque masculino superou a eliminatoria sen necesidade de xogar, ante a non presentación do rival obtido no sorteo, que non era outro que os Irmandinhos da Estrada

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s