Resultados dispares

Esta nova xornada de fútbol gaélico traía para os nosos equipos sendos partidos tanto na Liga Galega de Fútgol Gaélico feminina coma na masculina. O primeiro en xogar nesta xornada foi o equipo feminino que se desprazou ata Lalín para enfrontarse ás Herdeiras de Dhais. O partido daría comezo ás 20:00 no Anxo Cortizo, prometía … Continue reading Resultados dispares

Golpe de autoridade do equipo

O pasado sábado ás 20:00 horas o conxunto masculino do Auriense Campus da Auga F.G. enfrontábase frente ao gran equipo pontevedrés Dorna F.G. Unha imaxe do conxunto ourensán que se desprazou ata A Illa O partido, no que os nosos xogadores sabían que, ao igual que os restantes, non podían errar para poder entrar no … Continue reading Golpe de autoridade do equipo

Unha entretida tarde de gaélico.

O fútbol gaélico voltaba de novo ao sintético do campo de rugbi da Universidade tras varias semanas de ausencia, co último partido na nosa retina fronte ao Turonia F.G. Desta volta tocábanos enfrontarnos aos Herdeirxs de Dhais, en partidos moi importantes tanto para o combinado feminino coma o masculino. Os primeiros en saltar ao campo … Continue reading Unha entretida tarde de gaélico.

Comezando con bo pé a Liga.

As tropas masculinas do Auriense dirixíanse á cidade da Torre de Hércules para enfrontarse ao equipo coruñés Ártabros de Oleiros, para dar inicio á competición. 13 dos nosos valentes xogadores estaban dispostos a máis que todo para levarse baixo o brazo a victoria. Nos primeiros 15 minutos de xogo, o encontro foi claramente dominado polo … Continue reading Comezando con bo pé a Liga.

O Auriense FG no Ibérico da Coruña

A pasada fin de semana as escuadras feminina e masculina da nosa equipa desprazáronse ata A Coruña, para desputar a final do Torneo Ibérico Sénior e o Torneo Ibérico Shield respectivamente. Os primeiros en saltar ao campo de xogo foron os nosos rapaces, que inauguraban a competición cun emocionante partido frente os seus sempre rivais, Keltoi GAC. … Continue reading O Auriense FG no Ibérico da Coruña

O Auriense F.G. no Ibérico da Coruña

A pasada fin de semana ámbalas dúas escuadras do conxunto ourensán foron ata A Coruña para desputar a final do Torneo Ibérico feminino e o Torneo Ibérico Shield masculino. Os primeiros en saltar ao campo de xogo foron os nosos rapaces que inauguraban a competición cun emocionante partido frente os seus sempre rivais, Keltoi GAC. Os nosos … Continue reading O Auriense F.G. no Ibérico da Coruña