Unha xornada para medrar.

Regresaba de novo o gaélico ó sintético da Universidade, por segunda semana consecutiva, nunha xornada na que a calor marcaría novamente o transcurso de ambos partidos. Os visitantes, desta volta, viñan dende a cidade da Coruña, as equipas de Fillxs de Breogán chegaban coa intención de levarse os 2 puntos de regreso á casa. A … Continue reading Unha xornada para medrar.

Domingo dourado.

Despois dunha semana de parón, as equipas do Auriense FG regresaban á competición con dous partidos moi importantes, nos que practicamente se decidía o devir do resto de tempada tanto para a equipa feminina como para a masculina. As rapazas viaxaban a Vigo para enfrontarse a Keltoi, co obxectivo de continuar a boa xeira de … Continue reading Domingo dourado.

Victoria convincente na estrea como locais

Despois da vitoria da pasada semana en terras coruñesas contra Ártabros, a nosa equipa masculina estreábase como local ante o conxunto de Mecos FG, unha equipa que regresaba á competición tras un ano de ausencia. O partido daba comezo con puntualidade ás 14:30, horario pouco habitual nos partidos no sintético da Universidade, cun sol espléndido. … Continue reading Victoria convincente na estrea como locais

Sabor agridoce no derradeiro desprazamento da Liga.

Esta fin de semana a nosa equipa feminina finalizaba a tempada competitiva na Liga Galega, disputando o partido que fora adiado semanas atrás por mor do temporal que sufriu a cidade da Coruña. A sempre complicada visita ós campos da Torre para visitar a Ártabras poría o broche final a un ano de crecemento e, … Continue reading Sabor agridoce no derradeiro desprazamento da Liga.

Derrotas e boas sensacións.

Regresaba ó fútbol gaélico ó sintético da Universidade unha semana despois dos enfrontamentos contra os equipos de Fillos de Breogán, desta volta os visitantes serían os conxuntos composteláns de Estrela Vermelha, cunha equipa feminina optando á segunda posición da liga regular e cunha equipa masculina aínda con posibilidades reais de loitar polo título ligueiro con … Continue reading Derrotas e boas sensacións.

Tarde de contrastes para a nosa equipa.

O fútbol gaélico regresaba ó sintético da Universidade tralo obrigado parón de dúas semanas despois do remate da primeira volta da Liga Galega. Os visitantes desta quenda serían os conxuntos estradenses de Irmandinhos, no que sería o segundo enfrontamento en menos dun mes contra a nosa equipa. Nesta ocasión as encargadas de abrir a tarde … Continue reading Tarde de contrastes para a nosa equipa.

Comezamos o ano con dobre victoria.

Primeiro domingo de fútbol gaélico no sintético da Universidade, nesta ocasión os visitantes eran os conxuntos feminino e masculino de Keltoi Vigo. Nunha soleada e fría tarde, os nosos conxuntos tentaban comezar o ano con bó pé e continuar a liña ascendente en canto a xogo. As 17:30 daba comezo o partido da equipa masculina, … Continue reading Comezamos o ano con dobre victoria.