FB PORTADA 2018 2019
Nesta nova tempada do gaélico galego atopámonos con algúns cambios en comparación coa tempada pasada. Neste caso, a liga masculina cambiou lixeiramente o seu formato en pos de acadar unha maior competitividade coa intención de facer a competición o máis atractiva posible tanto para os afeccionados coma para os propios clubes.

LIGA FEMININA

A competición feminina segue co seu formato de “liga clásica” (liga completa a ida e volta) contando cun total de 7 equipos.

LIGA MASCULINA

No caso da competición masculina, que conta este ano con 14 equipas, xogarase unha primeira volta todos contra todos e, unha vez rematada, dividirase a competición en 3 seccións. Os 4 primeiros equipos xogarán unha segunda volta polo título Senior, os 5 seguintes farán o propio polo título Plate e os 5 restantes loitarán polo título Shield.

AURIENSE FG

O noso clube participará na Liga Galega 2018/19 nos dous códigos sendo esta a quinta tempada do equipo feminino e a cuarta do masculino.

RESULTADOS – Actualizamos cada xornada

 LIGA FEMININA

  • 28/10/2018 | Estrela Vermelha 3-27 (36) – 6-08 (26) Auriense
  • 18/11/2018 | Auriense 6-11 (29) – 5-09 (24) Turonia
  • 25/11/2018 | Fillas de Breogán 4-16 (28) – 0-17 (17) Auriense
  • 16/12/2018| Auriense 4-15 (27) – 5-13 (28) Herdeiras de Dhais
  • 12/01/2019| Irmandinhas 3-14 (23) – 3-11 (20) Auriense
  • 20/01/2019| Auriense 2-11 (17) – 2-17 (23) Keltoi
  • 06/02/2019 | Herdeiras de Dhais 4-14 (26) – 4-12 (24) Auriense
  • 24/02/2019| Keltoi – Auriense

LIGA MASCULINA

  • 30/09/2017 | Ártabros 2-15 (21) – 6-06 (27) Auriense
  • 07/10/2018 | Auriense 5-14 (29) – 2-13 (19) Mecos
  • 21/10/2018 | Auriense 7-12 (33) – 3-01 (10) Cambados
  • 28/10/2018 | Estrela Vermelha 5-12 (27) – 0-07 (7) Auriense
  • 18/11/2018 | Auriense 8-19 (43) – 0-09 (9) Turonia
  • 24/11/2018 | Fillos de Breogán 6-13 (31) – 0-04 (4) Auriense
  • 09/12/2018 | Braithreachas 5-05 (20) – 5-08 (23) Braithreachas
  • 16/12/2018 | Auriense 3-08 (17) – 0-17 (17) Herdeiros de Dhais
  • 12/01/2019 | Irmandinhos 3-21 (30) – 3-07 (16) Auriense
  • 20/01/2019 | Auriense 3-11 (20) – 1-17 (20) Keltoi
  • 26/01/2019| Dorna 2-18 (24) – 8-11 (35) Auriense
  • 07/02/2019 | Pontevedra 2-04 (10) – 5-14 (29) Auriense