Historia

Auriense FG é o clube de fútbol gaélico representativo da cidade de Ourense. Foi fundado no ano 2014 e conta con equipos na categoría feminina e masculina. Dende o ano 2016 conta cunha Escola Deportiva Universitaria.

Auriense FG naceu en 2014 por mor da iniciativa dun grupo de xogadoras e xogadores de Afiadoras, clube da liga mixta que xunto con Auriense FG conforma a asociación Ourense Gaels, encargada de promover o fútbol gaélico na cidade, así como todo tipo de eventos deportivos relacionados con este deporte.

O primeiro equipo en liza foi o feminino, que comezou a competir con tan só catro xogadoras, co paso do tempo fóronse unindo máis rapazas o proxecto, cabe destacar que foi o primeiro clube que comezou a súa andadura co equipo feminino. O punto culminante foi a creación do equipo masculino un ano despois, na tempada 2015-2016.

Actualmente o clube segue a medrar e conta cunha Escola Deportiva Universitaria ca que se pretende dar a coñecer ás rapazas e rapaces da cidade o fútbol gaélico e os seus valores.

Auriense 2015-2016
As equipas feminina e masculina xuntas nun torneo