img_5618

O fútbol gaélico chegou á nosa terra no ano 2012 e da súa man viu a luz a Selección Galega, un proxecto enmarcado dentro dun deporte no que Galiza participa como tal en competicións internacionais, un caso sen precedentes noutras disciplinas. Dende as primeiras experiencias contra Bretaña, pasando polo primeiro mundial en Abu Dhabi até a derradeira comparecencia mundialista en Dublín o pasado mes de agosto.

Aquí vos deixamos alguhas fotografías das participacións na selección dos integrantes da nosa equipa.

 

 

This slideshow requires JavaScript.


Ó vindeiro día 18 de marzo teremos o pracer de poder ver a nosa selección no Campo de Rugby Campus Ourense que a nosa equipa está a organizar.

CARTEL-PARTIDO
Os encontros terán lugar  a partir das 16:30 da tarde do sábado 18 de marzo. As rapazas mediranse primeiro contra a selección francesa, ás 17h e logo os rapaces farán o propio ás 18:30h

Dende aquí animamos a todos aqueles que queiran coñecer o gaélico que se pasen polo campo da Universidade, no que será sen dúbida un dos partidos más apetecibles de toda a tempada na nosa terra e nos que o Auriense aporta dous xogadores.