Nesta nova tempada do gaélico galego atopámonos con algúns cambios significativos en comparación coa tempada pasada. Neste caso, as ligas masculina e feminina cambiaron o formato en pos de acadar unha maior competitividade coa intención de facer a competición o máis atractiva posible tanto para os afeccionados coma para os propios clubes.
LIGA FEMININA
A competición feminina cambia o seu formato de “liga a volta partida” da pasada tempada ó formato de “liga clásica” (liga completa a ida e volta) contando cun total de 8 equipos.
LIGA MASCULINA
No caso da competición masculina o cambio é maior xa que pasarán de contar con dúas divisións a ter un formato semellante ó da liga feminina 2016/17. Xogarase unha primeira volta todos contra todos e, unha vez rematada, dividirase a competición en 2. Os 6 primeiros equipos xogarán unha segunda volta polo título A (senior), mentres que os 5 restantes farán o propio polo título B (intermediate).
AURIENSE FG
O noso clube participará na Liga Galega 2017/18 nos dous códigos sendo esta a cuarta tempada do equipo feminino e a terceira do masculino.
Se queres estar ó tanto dos resultados da liga, podes consultar o calendario completo nesta páxina.
RESULTADOS – Actualizamos cada xornada
Liga feminina
- 30/09/2017 | Auriense 5-11 (26) – 6-08 (26) Herdeiras de Dhais
- 14/10/2017 | Pontevedra 3-09 (18) – 5-11 (26) Auriense
- 28/10/2017 | Estrela Vermelha 2-21 (27) – 5-10 (25) Auriense
- 12/11/2017 | Auriense 2-13 (19) – 2-02 (8) Ártabras
- 02/12/2017 | Fillas de Breogán 9-24 (51) – 3-04 (13) Auriense
- 07/01/2018 | Irmandinhas 13-07 (46) – 12-12 (48) Auriense
- 14/01/2018 | Auriense 1-13 (16) – 0-09 (9) Keltoi
- 04/02/2018 | Auriense 4-10 (22) – 3-10 (19) Irmandinhas
- 17/02/2018 | Herdeiras de Dhais 7-11 (32) – 3-09 (18) Auriense
- 24/02/2018 | Keltoi 2-09 (15) – 6-13 (31) Auriense
- 11/03/2018 | Auriense 5-07 (22) – 4-14 (26) Fillas de Breogán
- 17/03/2018 | Auriense 2-16 (22) – 3-16 (25) Estrela Vermelha
- 14/04/2018 | Auriense 8-17 (41) – 3-18 (27) Pontevedra
- 22/04/2018 | Ártabras 4-14 (26) – 4-03 (15) Auriense
Liga masculina
- 30/09/2017 | Auriense 3-07 (16) – 6-23 (41) Herdeiros de Dhais
07/10/2017 | Auriense 30 – 0 Terras do Eume (non presentado)- 14/10/2017 | Cambados 3-11 (20) – 4-13 (25) Auriense
- 28/10/2017 | Estrela Vermelha 7-17 (38) – 0-7 (7) Auriense
- 05/11/2017 | Dorna 5-11 (26) – 8-13 (37) Auriense
- 12/11/2017 | Auriense 10-12 (42) – 1-06 (9) Ártabros
- 25/11/2017 | Auriense 3-12 (20) – 2-13 (19) Braithreachas
- 02/12/2017 | Fillos de Breogán 9-16 (43) – 2-04 (10) Auriense
- 07/01/2018 | Irmandinhos 7-13 (34) – 3-07 (16) Auriense
- 14/01/2018 | Auriense 9-09 (36) – 2-07 (13) Keltoi
- 04/02/2018 | Auriense 0-08 (8) – 5-22 (37) Irmandinhos
- 10/03/2018 | Auriense 3-07 (16) – 4-20 (32) Fillos de Breogán
- 17/03/2018 | Auriense 3-08 (17) – 6-15 (33) Estrela Vermelha
