Continuamos ca serie de publicacións na que damos a coñecer xs compoñentes do noso equipo, desta vez traemos a xs defensas do Auriense.

Equipo Feminino

Peni

  1. Como te chamas? Miriam Penido Blanco “Peni”.
  2. Cal é a túa posición? Defensa, primeira liña
  3. Como coñeciches este deporte? Fai xa máis de tres anos, nun curso de monitores/as de ocio e tempo libre. Un dos asisentes xogaba e convenceume a min e a varios de ir probar… encantoume e aquí estou!
  4. Por qué escolliches este deporte e non outro deporte máis coñecido? A verdade é que nunca me chamara a atención ningún deporte de equipo, íba ao ximnasio e pouco máis. Cando coñecín o gaélico, motivoume o feito de ser un deporte novo e na miña opinión, con unha posible traxectoria importante.
  5. Qué che aporta? Primordialmente, o feito de pertencer a un equipo co que me sinto a gusto. Ademais, formar parte do proxecto dende case o principio e ver como avanza tanto o deporte como o equipo. Apórtame diversión, amizades e como non, mellora da condición física.
  6. Qué obxectivos tes para esta tempada? A falta de dous partidos de liga, o obxectivo é claro, continuar coa boa traxectoria desta tempada, facer bos partidos en equipo e a ser posible gañalos. Tamén imos intentar dalo todo na copa, estamos moi motivadas en conseguir un bo posto.
  7. Cómo cres que evolucionará este deporte cara o futuro? Creo que a traxectoria é moi positiva, en Galicia o fútbol gaélico chegou fai relativamente pouco tempo e xa temos dúas ligas con moitos equipos. Algo parecido está a suceder no resto na península e noutros países así que creo e espero que siga medrando desta forma.
  8. Recomendaríaslle este deporte a outra xente? Por suposto, de feito case todas as xogadoras levamos de vez en cando a alguén a probar e o normal é que acaben uníndose ao equipo.
  9. Cal é a anécdota máis simpática que tes vivido no gaélico? Anécdotas moitas… mais eu creo que o que máis lle sorprende á xente é como nos quedamos no deporte os que comezamos na tempada de 2014/2015 xa que foi un ano de moita chuvia, onde catro tolos e tolas íbamos adestrar ao único campo dispoñible, o de Moreiras, campo de terra que se convertía en barro, duchas con auga moi fría… Perdíamos todos os partidos aos que íbamos pero estábamos contentas, pasábamolo ben e decidimos quedar e facer medrar o Auriense.

Miri

  1. Como te chamas? Miriam “Miri”.
  2. Cal é a túa posición? Defensa.
  3. Como coñeciches este deporte? A través da miña irmá que estivo vivindo en Irlanda case dous anos.
  4. Por que escolliches o gaélico e non outro deporte mais coñecido? Presentáronme o gaélico como un deporte en equipa no que o obxectivo principal era pasalo ben e no que había bo ambiente e camaradería con todas as demais equipas.
  5. Que che aporta? Moito. Todos os beneficios de facer deporte, coñecer xente estupenda e diferente, viaxes e coñecer un pouquiño máis a cultura irlandesa.
  6. Que obxectivos tes para esta tempada? Como estou fora do país , confórmome con non perder o aprendido. Para a miña equipa deséxolle que sigan mellorando día a día como xa o están a facer.
  7. Como cres que evolucionará este deporte de cara ao futuro? Vai gañar máis popularidade en Galicia e probablemente tamén no resto da península ibérica.
  8. Recomendaríaslle este deporte a outra xente? Sen dubidalo.
  9. Cal é a anécdota máis simpática que tes vivido no Gaélico?  Na Copa de Xinzo 2016, o gran traballo en equipo que fixemos e por suposto os nosos pre quecementos a base de destilados varios.

Equipo Masculino

 

  1. Como te chamas? Jose Manuel “Txose”
  2. Cal é a tua posición? Variable dentro do ámbito defensivo.
  3. Cómo coñeciches este deporte? O deporte como tal foi da man de Siareiras Galegas cando organizara o primeiro partido da selección galega de gaélico. Após disto comezaron a xurdir equipos de gaélico por diferentes comarcas do País, e aí foi cando despois dunha serie de asembleas de persoas con inquedanzas afíns, se decidiu botarse á aventura e comezar coa creación dun equipo de Gaélico en Ourense, xurdindo nun primeiro momento o proxecto mixto e evolucionando ata o que hoxe somos.
  4. Por qué escolliches o gaélico e non outro deporte máis coñecido? E por que non? Pois despois duns anos de baloncesto e balonmán, apareceu esta oportunidade, un proxecto cuns valores e principios tan distintos ate o naquel momento existente, que había que probar.
  5. Que che aporta? Pois dende o compañeirismo que existe a nivel Clube ate o simple acto de facer deporte e desconectar do mundo, pasando tamén polo feito de demostralle á sociedade que as cousas se poden facer dun xeito distinto a como nos veñen establecidas dende que nacemos.
  6. Que obxectivos tes para esta tempada? Avanzar, tanto a nivel persoal como a nivel clube.
  7. Como cres que evolucionará este deporte cara o futuro?Agardo que siga crecendo tanto como ata hoxe, iso si, sen perder nunca os valores e a base coa que comezou este deporte aquí na Galiza.
  8. Recomendariaslle este deporte a outra xente? Por suposto!
  9. Cal e a anécdota máis simpática que tes vivido no Gaelico? Pois dende adestramentos moi intensos nos que empregábamos balóns de fútbol Mikasa (si, deses que parecen que están feitos de granito) xa que ao principio non tiñamos de gaélico, ata un día que o Lois tivo que despregar as súas habilidades de escalada e tirar de corda e arnés para recuperar a única bola que tiñamos a cal quedara atascada entre os ferros do tellado da cancha onde adestrabamos (hai que lembrar que todo isto comezou nunha pequena e dolorosa cancha de cemento con tellado xa que non dispúñamos doutro lugar).

Sabuz

  1. Como te chamas? Martín Sabuz “Sabuz”.
  2. Cal é a tua posición? Medio defensa.
  3. Como coñeciches este deporte? Por amigos que tamén o practican.
  4. Por qué escolliches o gaelico e non outro deporte mais coñecido? O tipo de xogo. Pódese dicir que o gaélico semella unha mestura de varios deportes por moitas características que ten o xogo que é moi dinámico, con certos aspectos técnicos e con algo de contacto. É moi entretido ata para o espectador.
  5. Que che aporta? Polo de agora moitas lesións. Quitando eso, coñecín moita xente nova e novos amigos dende que comecei.
  6. Que obxectivos tes para esta tempada? A esta tempada quédalle pouco xa, pero de cara á seguinte, recuperarme dos problemas físicos. Para seguinte tempada, aparte de dar o máximo co Auriense, que xa é evidente, gustariame gañar en aspectos físicos como en velocidade e aceleración, poder mellorar a nivel cognitivo ou de xogo para poder entender mellor as situacións no partido e poder ser un xogador importante no equipo.
  7. Como cres que evolucionará este deporte cara o futuro? Depende, nos últimos anos creceu bastante en Galicia e xusto nesta última tempada desapareceron 3 equipos masculinos, por exemplo. Non sabería dicir en que dirección vai tirar esto nos últimos anos.
  8. Recomendariaslle este deporte a outra xente? Sempre, e xa o fago dentro dos meus círculos de amizade.
  9. Cal é a anecdota mais simpática que tes vivido no Gaelico? Trala copa da Liga Gallaecia do ano pasado, antes do terceiro tempo/cea, fomos á unha manifestación de “Escarnio e Maldizer”. Creo que todos acordámonos das imaxes miñas coa camisa de flores recibindo un par de azotes.

Adrián

  1. Como te chamas? Adrián “portería a 0”.
  2. Cal é a túa posición? Primeira e segunda liña…e ocasionalmente porteiro.
  3. Como coñeciches este deporte? A través das Xornadas de Fútbol Gaélico da Universidade e por amizades que xa o practicaban.
  4. Por qué escolliches o gaélico e non outro deporte máis coñecido? Sen ter xogado nunca en ningún equipo mais alá de pachangas esporádicas, a oportunidade de probar algo diferente foi o que me fixo decidirme.
  5. Que che aporta? Ademáis de que me aportou un gran grupo humano, é unha moi boa forma de liberar tensión e desestrersarse de todo o cotián.
  6. Que obxectivos tes para esta tempada? O principal foi colocorse no grupo alto da Liga Galega, que se acadou. Desde esa posición…o obxectivo foi seguir mellorando e medrando no xogo.
  7. Como cres que evolucionará este deporte cara o futuro? Agardo que non perda o impulso que trae estes últimos anos e que se consolide a Liga e que se cree escola con rapaces novos.
  8. Recomendariaslle este deporte a outra xente? Sempre, sen dúbida.
  9. Cal é a anecdota máis simpática que tes vivido no Gaélico? As ceas con toda esta xente, risas sen parar!

Xs Defensas do Auriense (1ªparte)

Comezamos unha serie de publicacións para dar a coñecer mellor xs compoñentes desta, a nosa familia gaélica.

COÑECENDO XS PORTEIRXS DA EQUIPA

Álvaro
Álvaro

Equipa masculina

1. Como te chamas? Álvaro.

2. Cal é a túa posición? Gardarredes.

3. Como coñeciches este deporte? Por un amigo que temos en común o noso GLORIOSO PRESIDENTE e máis eu, polo que se podería decir que foi o meu valedor.

4. Por qué escolliches o fútbol gaélico e non outro deporte máis coñecido? Sinceramente entrei no Auriense máis por necesidade que por voluntade,e o primeiro ano custoume un pouco habituarme ó deporte xa que é un pouco peculiar e aínda por riba na posición de porteiro na cal é un pouco difícil asimilar o teu traballo, sobre todo ó principio.

5. Que che aporta? Apórtame soltar toda a adrenalina que teño no corpo e coincidir cun grupo de persoas que forman a familia do Auriense, as cales a nivel personal son TOP e que pasamos moi bós momentos xuntos.

6. Que obxectivos tes para esta tempada? A nivel grupal, un dos nosos obxectivos foi o xa acadado, clasificarnos para a liguilla de arriba, pero penso que aínda que os outros equipos estén un pasiño por riba nosa, non nos deberíamos acomodar e deberíamos intentar combatir polos 2 puntos. Todo o que veñaa a partir de ahí será ben recibido!

A nivel individual, destacar para que me poida fichar un clube da GAA de Irlanda (risas).

7. Como cres que evolucionará este deporte cara ó futuro? Pois sinceramente, penso que ano a ano xa se está vendo esa evolución que se van creando ou polo menos mantendo os novos equipos, e penso que co plan que se está desenvolvendo de promovelo nos colexios conseguirá crear ate algún equipo de base máis do que xa hai. Por outro lado a unificación ca FGF e co apoio que están mostrando algunhas adminitracións tamén pode ser beneficioso para que teña un maior alcance.

8. Recomendariaslle este deporte a outra xente? Sí, xa acostumo facelo o que pasa é que aínda estou adestrando as miñas dotes como Director Deportivo.

9. Cal e a anécdota máis simpática que tes vivido no fútbol gaélico? Pois unha de elas podería ser a ir xogar ata A Coruña e de camiño a Ourense demorámonos máis de 4h, facendo paradas de diversas índoles en lugares onde se estaba a festexar algo, todo idea do conductor,Chino!
Outra podería ser, que no meu debut deste deporte cometín dobre bote na primeira parte, e no descanso tras varios avisos dos meus compañeirxs, foi comenzar a segunda parte e case sen disputarse 2 minutos volvelo facer!

Sabri
Sabri

Equipa Feminina

1. Como te chamas? Sabri.

2. Cal é a túa posición? Porteira.

3. Como coñeciches este deporte? Carlos, o noso presidente.

4. Por qué escolliches o fútbol gaélico e non outro deporte máis coñecido? Polo bo roio e os valores do gaélico.

5. Que che aporta? Positividade e disciplina.

6. Que obxectivos tes para esta tempada? Que o Auriense sexa cada día mellor.

7. Como cres que evolucionará este deporte cara ó futuro? Moi positivamente, é un deporte que engancha.

8. Recomendariaslle este deporte a outra xente? Sempre.

9. Cal e a anécdota máis simpática que tes vivido no fútbol gaélico? Xogar a copa shield con Auriense (a nosa primeira copa) e o Ibérico con Herdeiras á vez, foi divertidísimo.

 

Álvaro e Sabrina: Os porteirxs