O pasado sábado ás 20:00 horas o conxunto masculino do Auriense Campus da Auga F.G. enfrontábase frente ao gran equipo pontevedrés Dorna F.G.

O partido, no que os nosos xogadores sabían que, ao igual que os restantes, non podían errar para poder entrar no grupo dos 4 primeiros e loitar polo título da Liga Galega masculina de Fútbol Gaélico, comezaba cunha choiva miúda.
Nos primeiros instantes do enfrontamento ningún dos dous equipos amosou un dominio claro. Tras estes minutos de incertidumbre o equipo das Burgas comezou a anotar varios goles, un tras outro. Puidemos desfrutar nesta 1ª parte dun gran xogo de pase e profundizacións no campo rival de forma participativa, por parte dos graxos das Burgas.
No 2º tempo puidemos desfrutar dunha clara dominación por parte dos nosos visitantes, na primeira metade, sen que o equipo local deixara en ningún momento de baixalos brazos así no tramo final comezaron a tentar remontar. Finalmente o partido concluiría cun penalti polémico a favor do Dorna, sen influír no bo ambiente imperante entre ámbalas escuadras. Un final favorable para os nosos de Auriense Campus da Auga F.G. 35 (8-11) vs 24 (2-18) Dorna F.G. Un fermoso partido cunha xente marabillosa onde voltou gañar o fútbol gaélico!!!!
